A EDXO

Instalacións A Directiva Descargas Patrocinadores Enlaces

Galería

 

 
Páxina principal
Sección de Fútbol
Sección de Tenis de Mesa

    

Oroso limita ao norte co concello de Ordes (comarca de Ordes) e O Pino (comarca de Arzúa), ao sur cos concellos de O Pino e Santiago de Compostela (comarca de Santiago) e ó oeste co concello de Trazo (comarca de Ordes). Abrangue unha superficie de 72,1 kilómetros cadrados e acolle unha población de5.530 habitantes (2001) distribuida entre as parroquias dos Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, A Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte e Vilarromarís. A capital do concello é a vila de  Sigüeiro e que pertence á parróquia de Santo André da Barciela. Oroso está adscrito á provincia da Coruña, a diocese de Santiago (arciprestado de Bama, Barbeiros e Berreo de Arriba) e ao partido xudicial de Ordes.

 

CÓMO CHEGAR

O Concello de Oroso atópase entre A Coruña e Santiago sendo atravesado de Norte a Sur pola N-550. A súa capital é Sigüeiro, a 12 km de Santiago.

A autoestrada A-9 ten unha saída e entrada preto de Sigüeiro só en dirección A Coruña, polo que si ves dende Santiago pola A-9 deberás utilizar a saída Santiago-Norte e despois tomala N-550.

Na actualidade ambas sección da Escola utilizan tanto para os seus adestramentos como para as súas competicións o campo de fútbol municipal de Sigüeiro (Sección de Fútbol) e o Pavillón Mucicipal de Sigüeiro (Sección de Tenis de Mesa). Ambas instalación atópanse unha ó lado da outra e pegadas ó Colexio Público de Sigüeiro.

Para ir ó Campo de Fútbol/Pavillón

  • Se vides dende o Sur pola AP-9 (dende Ourense) saide en Santiago pola saida "Santiago - Norte" e a continuación tomade a carretera nacional N-550, dirección A Coruña. A uns 11 km chegaredes a Sigüeiro (Concello de Oroso), onde pasaredes o rio Tambre e xusto despois teredes un semáforo. No semáforo xirade á dereita e seguide por esa carretera. Tomade o 5º desvío a man esquerda e seguide esa calle cara o final (non ten saida). Unha vez cheguedes o final veredes á dereita o pabellón (está o lado do campo de fútbol e do Colexio Público de Sigüeiro).

  • Se vides dende o Norte S pola AP-9 saide na saida que queda xusto no peaxe e que pon Sigüeiro/Aeroporto (a man dereita). O sair da autopista incorporarédesvos á N-550, seguide a man esquerda pola nacional, ata chegar ó semáforo (aproximadamente 800 m -1 km), xirade á esquerda nol semáforo e seguide as instruccións do párrafo anterior.