SAÚDA DO PRESIDENTE
...........................................................................................................................................................................................

Benvid@s a noso espazo web, onde intentaremos promover nosos clubs e ao mesmo tempo darémonos a coñecer, tratando de ser un bo exemplo para tod@s os que nos sigades.

Cada vez, grazas as novas tecnoloxías e sobre todo as redes sociais, é mais fácil chegar a mais xente, polo tanto aproveitaremos estes avances para que nos coñezades, ao mesmo tempo que lle daremos un gran apoio publicitario a todas as entidades que nos axudan.

Hoxe grazas ao traballo e unión da directiva que eu presido podemos dicir que temos os dous grandes clubs de fútbol de Sigüeiro unidos e traballando con fins comúns, para que ademais de lograr éxitos deportivos, teñamos boas relacións, boas amizades, xente cada vez mais implicada co deporte, mais tolerante e o mais importante mais san, entorno a este ben común.

Non quero esquecerme do traballo que fixo a anterior directiva, xa que na tempada 2009/2010 avanzouse de xeito moi significativo grazas a firma dun gran convenio de colaboración co R.C. Celta de Vigo. Esta mesma tempada tamén se puxo a primeira pedra para lograr a unión dos nosos clubs, pasando a ser a ED Xuventude Oroso filial do Sigüeiro FC, deuse así un gran salto a nivel deportivo e organizativo, polo que penso que se seguimos traballando nesta liña, mantendo unidos clubs, socios e afeccionados, teremos en Oroso grandes éxitos e non so deportivos.

Aproveito este espazo para agradecer a todos os pais/nais a confianza que depositades en nos e aos xogadores pídovos que sigades no camiño do compromiso e a deportividade. Dende aquí doulle as grazas aos Socios, as Empresas pola súa inestimable colaboración e por último as institucións entre as que se debe destacar o gran apoio recibido polo Concello de Oroso.
                                                                                                           José Ferro Calvo


Contacto: xuventudeoroso@yahoo.es


Tfn. coordinador (Hugo): 679999036